Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

O grupo de traballo: Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

A pretensión deste grupo de traballo e mellorar a práctica docente dende as estratexias psicopedagóxicas que inciden positivamente na convivencia escolar. Por unha banda, están as estratexias de tipo psicolóxico relacionadas coas habilidades sociais, a comunicación asertiva, as técnicas de resolución de conflictos, etc.; e pola outra as de tipo pedagóxico como a educación en valores de carácter deontolóxico referidos á paz e a convivencia democrática, a atención a diversidade, o estilo docente positivo, etc.

E con tal motivo, xorde este blog coa pretensión de dar soporte dixital a este grupo de traballo.

1 comentario

Coordinador -

Núcleo de contido 1: A convivencia, a educación para a cidadanía e a paz, os temas transversais: educación para a tolerancia e a paz.
Núcleo de contido 2: As relacións humanas nas sociedades democráticas e plurais no ámbito escolar: relacións simétricas e asimétricas.
Núcleo de contido 3: As habilidades sociais na sociedade actual. Tolerancia e cortesía.
Núcleo de contido 4: A intelixencia emocional: A asertividade, a empatía.
Núcleo de contido 5: A autoestima: baseada no autoconcepto positivo e realista.
Núcleo de contido 6: Estilo de liderazgo e de educación democrático.
Núcleo de contido 7: Técnicas e métodos de mediación e resolución pacífica de conflictos.