Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Sesión 1: Presentación do programa e establecemento das liñas de acción.

Na primeira sesión que se realizará este Mércores 9 os puntos previstos a tratar son os seguintes:

MÉRCORES, 9 DE XANEIRO DE 2008.

Orde do día:

  • Información sobre os grupos de traballo en xeral.
  • Explicación do plan do grupo de traballo: Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.
  • Plantear investigación bibliográfica sobre os núcleos de contidos.
  • Falar de organizar unidades didácticas que fagan relación a educación para a tolerancia e a paz coma a conmemoración do Día internacional da Paz este 30 de Xaneiro.
  • Buscar contidos na páxina do plan valora en http://www.edu.xunta.es/valora/ e comezar a tratar o núcleo de contidos 1: A convivencia, a educación para a cidadanía e a paz, os temas transversais: educación para a tolerancia e a paz.

1 comentario

Coordinador -

Ao fio do explicado co apoio do Power Point propoño como centro de interés o día da paz para ser tratado nas diferentes áreas.
Ademáis, empezamos a comentar posibles actividades que podamos traballar tanto para o día da paz, coma para o longo do curso.