Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Sesión 2: Tratamento do núcleo de contidos 1.

Segunda sesión que se realiza o martes 15 de xaneiro de 2008. 

MARTES 15 DE XANEIRO DE 2008.

Orde do día:

  • Propoñer seis libros para adquirir sobre a convivencia escolar.
  • Acabar de explicar o Núcleo de contidos 1: A convivencia. A educación para a cidadanía e a paz. A educación para a tolerancia e a paz.
  • Debate sobre o núcleo de contidos 1.
  • Proposta de actividades a realizar o día de conmemoración da paz como centro de interés que globalice todas as áreas.
  • Traballo individual e en pequeno grupo sobre propostas concretas, valorando as propostas didácticas da páxina www.edu.xunta.es/valora 

 

2 comentarios

Xaime -

- Elaboramos materiais didácticos para ir preparando o día da PAZ: cancións, debuxos, poesías, xogos (A oca en Paz, Tres en Paz).
- En infantil involucramos ós pais para que colaborasen na cofección de frases, pensamentos... que escribirán nunha pomba e así propiciar o diálogo sobre o tema: paz-convivencia.
- Tamén lle contaremos ós nenos/as por qué da pomba símbolo da paz e convivencia.
- Aínda que no noso Colexio non se dan casos problemáticos de convivencia, decidimos seguir o eslogan: "Mellor previr que lamentar", por iso buscamos levar a cabo algunhas actividades prácticas ao longo do curso para atallar calquer brote de violencia. decidimos entre outras cousas:
- Comentar en primaria, polo menos unha vez a semana, noticias referentes a boa ou mala convivencia sacadas dos xornais.
- En infantil, como traballamos o xornal tódolos días, aproveitar calquer tipo de noticia relacionada coa convivencia para comentalos diariamente.
Traballar e comentar fotos extraídas de revistas e xornais relacionados con temas de convivencia.
-Facer, polo menos unha vez a semana, lecturas comentadas de contos... que nos poidan axudar para traballar distintos aspectos da convivencia.

Coordinador -

Decidimos comprar seis libros sobre temas de convivencia que teñen que ver coa educación en valores.
Elaboramos actividades para o día da paz que son:
Tres en paz.
Xogo Oca-Paz.
Realizar pomba da paz con papiroflexia.
Elevar unha pomba da paz con mensaxes dentro con un globo de helio.
Canción sobre a paz.