Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Sesión 3: Comezamos a tratar o núcleo 2 sobre as relacións nas sociedades plurais.

Para o Mércores 23 as actividades previstas son:

MÉRCORES, 23 DE XANEIRO DE 2008:

Orde do día:

  • Exposición e debate sobre parte do núcleo de contidos 2: As relacións humanas nas sociedades democráticas pluras. As relacións simétricas e asimétricas.
  • Debate sobre factores da socialización de cara o alumnado e responsabilidade do profesor/a.
  • Lectura da LOE do referente o Alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo e da Orde LOCE que a 'desenvolve' por estar aínda en vigor mentras non saia a dependente da LOE.
  • Consulta dos recursos didácticos que a xunta ofrece de cara a elaborar ou empregar materiais didácticos en 'Atención á diversidade' en www.edu.xunta.es

3 comentarios

Coordinador -

EN GALEGO

16 de Novembro, Dia Internacional da Tolerancia
18 de decembro, Día Internacional das persoas migrantes
20 de Xuño: Día das persoas refuxiadas. 2007, Nove millóns de menores refuxiados soñan cun futuro mellor
20 de Xuño: Día das persoas refuxiadas. Campaña polo dereito de asilo das mulleres perseguidas por motivos de xénero
2008. Ano Europeo do Diálogo Intercultural
2008. Ano Internacional dos Idiomas
21 de febreiro. Día Internacional da lingua materna. O día internacional da lingua materna e as prohibicións
21 de febreiro: Día Internacional da Lingua Materna
21 de Marzo, Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial
21 de maio Día Mundial da diversidade cultural para o diálogo e o desenvolvemento
24 de xuño: Novo Ano Indíxena. O solsticio renova as enerxía.
25 de marzo: Día europeo contra trátaa de seres humanos
25 de Maio, Día de África
26 de setembro. Dia Europeo das Linguas
27 de maio: Día da lingua autóctona. A lingua da alfabetización
30 de Xaneiro. Día Escolar da Paz e a Non Violencia
31 de Agosto: Día Internacional da Solidariedade
5 de outubro: Día Mundial de l@s docentes
5 de setembro Día Internacional da Muller Indíxena
8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano
9 de maio: Día de Europa

Coordinador -

TEMAS TRATADOS NO DEBATE.
Os temas tratados no debate foron:
1. A relacións sociais nas sociedades democráticas e plurais.
1.1. Concepto de cultura e civilización ¿existe diferencia?.
1.2. Como a escola continua a labor da familia é importante a colaboración familia-escola, pois a familia e socialización primaria e a escola secundaria.
A familia é determinante, pero as veces parece influir máis o entorno ou a escola que a propia familia. Exemplo: a TV e os medios de comunicación de masas.
1.4. A escola ao basarse nun currículo dado pola administración ten quen introducir a educación para a cidadanía e a relixión, pero o mestre non pode, nin debe ínfluir política ou relixiosamente nos nenos/as.
2. As sociedades democráticas no ámbito do Estado español.
2.1. Existe un pluralismo político e relixioso que hai que respectar. Os hippies impulsaron cambios e segue habendo tribus urbanas pola necesaria autoafimación do adolescente. Así hay bandas latinas e cabezas rapadas. Están xurdindo movementos de extrema dereita debido a inmigración, entre outros factores.
Ao incorporarse a muller ao mundo laboral, a escola estase a converter na sustituta da familia e entre outras cousas está a imposición da xornada continuada de xuño e setembro.

Se se me quedou algo atrás xa sabedes, a comentar...

Coordinador -

Hoxe tivemos un debate moi animado, polo que vamos a retomalo para a semana e vamos a deixar a lectura da normativa de atención tardía para a semana así coma a consulta dos recursos didácticos da xunta.
E seguimos traballando nos materiales do día da paz.