Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Sesión 4: Retomando o núcleo de contidos 2 e o debate e busca de actividade práctica.

Sesión 4: Retomando o núcleo de contidos 2 e o debate e busca de actividade práctica.

MÉRCORES 30 DE XANEIRO DE 2008.

Orde do día:

  • Retomar o debate suscitado polo núcleo de contidos 2.
  • Ler a atención a diversidade na LOE.
  • Ler a Orde de atención a extranseiros.
  • Valorar a proxección práctica do traballado o día da paz no centro.
  • Busca en internet de proposta de traballo do día da paz.

A orde do día foi modificada en función da intervención da asesora tratándose os seguintes puntos:

  • Debate sobre o núcleo 2.
  • Presentación da asesora ao grupo.
  • Plantexamento dun debate segundo o que se levaba debatindo dirixido pola asesora.

3 comentarios

Coordinador -

RELACIÓNS NA ESCOLA.
Simétricas: alumno-alumna, pai-profesora, orientador-profesor.
Asimétricas: profesor-alumno, orientador alumno, inspector-profesor.
Simétricas con tintes asimétricos: director-orientador en tanto que o ROC di que o director ten a función de xefatura de persoal do centro, presidente APA-Nai en tanto que toma decisión en representación doutros pais, xefe estudos-profesor en tanto que controla o cumplimento de horarios e RRI, xefe estudos-secretario (mesma razón que no caso anterior).

Coordinador -

NOTAS PARA O 27 FEBRERO:

O 27 feb ven o ponente do GT as 14 horas.

Hai que ter unha sala con portátil e canón de vídeo.

Hai que solucionar o tema das facturas.

Hai que falar da bibliografía a adquirir.

Coordinador -

Onte comezamos a sesión aclarando termos. Así, Xaime clarificounos que civilización e o conxunto de crenzas, valores, símbolos, tradicións, costumes dun pobo. E é cultura a resposta colectiva que un pobo fai.

Estivemos debatindo o tema da política e da relixión na escola. En canto a política, non debemos meternos; pero o ser funcionarios temos que acatar unhas decisións políticas que parten dos RD e Decretos educativos como o de currículo. A relixión pensamos que non é competencia nosa, que non somos quen de influenciar aos nenos nas crenzas relixiosas independientemente de que sexamos ateos, agnósticos ou crentes. Tamén está o problema de nenos que a súa relixión non lles permite actividades habituais no noso contorno como cantar panxoliñas por Nadal.
Se o neno e musulman, haille que dar no comedor escolar un menú especial exento de porco. Cando se trata dunha nena musulmana, en principio levar o pano non ten máis problema sempre e cando sexa unha decisión propia e non supoña supeditación da muller ao home. Hai determinadas conductas coma a ablación que son inadmisibles no noso contexto porque detras está a Declaración dos Dereitos Humanos (aínda que etnocéntrica occidental).
De seguido, chegou a Asesora do CEFORE: e tras a súa presentación ao grupo, entrou no debate a clarificar varios aspectos:

Moncho plantexoulle o tema de se deixar a nena levar o pano ou o burka. Entemos que o burka, non pero o pano non sabemos. A asesora estima que non hai un criterio estándar e que as cousas non son brancas ou negras (burka sí-burka non) que hai que estudar cada caso.
Cando unha persoa doutra etnia chega a España ha de entrar no noso contorno sen aculturizarse, é a escola a que ten que cambiar e volverse unha escola intercultural na que coexistan culturas distintas creando novos significados. No caso da etnia xitana, nos centros que haia alumnado desta etnia deberían existir referentes xitanos tamén (coma o eurodiputado Juan de Dios Seredia) e non só 'payos'. A tolerancia ha de ser mutua.

Moitas veces, o que debemos facer é preguntarnos por qué se fai noutra cultura algo inadmisible na nosa. E debemos evitar entrar en estereotipos e atribuir determinadas conductas á etnicas concretas, cando o delito e o bon facer está presente invariablemente en tódalas culturas. Faise necesario comprender como docentes que estereotipos e prexuizos temos para palialos e eliminalos de xeito que non llos trasmitamos ao alumnado.
Hoxe en día moitas persoas da etnia xitana acceden a estudos universitarios (mulleres sobre todo) e son un referente para a súa etnia e unha mostra da evolución social que está experimentar.
Por outra banda, a escola inclusiva que nace nos países nórdicos e que ten tantos aspectos positivos, fai que Finlandia sexa o nº 1 no informe Pissa, pero tamén se da a maior taxa de suicidio na adolescencia.
É positivo utilizar o folclore para traballar a interculturalidade, pero non pode quedar reducida sólo a eso.

Pois ben, isto é un pouco o que debatimos.

FELIZ ENTROIDO