Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Sesión 5: Pasamos a desenvolver o núcleo de contidos 5.

 MARTES, 12 DE FEBREIRO DE 2007

Os próximos martes 12 e 19 de febreiro imos desenvolver o núcleo de contidos 5 (xa levamos 2: o de lexislación e o de socioloxía). Trata sobre a autoestima e o autoconcepto.

Orde do día:

  • Tratamento do núcleo de contidos 5 sobre 'A autoestima'.
  • Debate sobre o concepto de autoconcepto e autoestima positiva, negativa e realista. Efecto pigmalion.
  • Revisión de bibliografía que favoreza o desenvolvemento dunha autoestima realista positiva no alumnado de primaria.
  • Posta en práctica de medidas de convivencia e de desenvolvemento da autoestima.

3 comentarios

Coordinador -

Aproveito para avisaros que quedamos coas profesoras de habilidades sociais o MÉRCORES 25 DE MARZO de 15.00 a 17.00 horas.

Xaime -

decidimos facer uns carteis para colocar polo colexio que sirvan como fomento da convivencia.

Coordinador -

Algunhas conclusións ás que chegamos sobre a autoestima son as seguintes.
Autoestima e autoconcepto non é exactamente o mesmo.
O autoconcepto configúrase dende a interrelación entre os cinco eu: o eu que creo ser o eu que quero ser, o eu que non quero ser, o eu que proxecto nos demáis, e o eu que os demáis perciben. Crítica: o que os demáis perciben evidentemente é variable. Es o eu que os demáis perciben varía segundo con quen te relaciones e como lle caías (interaccionismo simbólico).
A valoración desde autoconcepto da lugar á autoestima.
A autoestima pode ser positiva ou negativa. Pero interesa que sexa positiva e realista, porque se non se acaba na prepotencia. En tono irónico comentaba Rodrigo que hai que ter a autoestima alta e autoengañarse. Pero claro iso non é positivo.

Con respecto a qué facer os mestres e mestras, a resposta sae do Efecto pigmalion. Ter expectativas altas sobre todo o alumnado. Consideramos que actuacións que poden favorecer a autoestima do alumnado (polo que depende dos adultos) son as seguintes:
Nunca castigar un erro, e con actitud positiva incentivar a autosuperación non competetiva.
Reforzo positivo de outras conductas.
Castigo das conductas negativas por comportarse mal con outras persoas con intención de ferir ou danar.
Non castigar as conductas negativas consecuencia dun erro, porque non é intencional.
Crear un clima de afecto e cercanía co alumnado, pero hai o problema de que o alumnado, se lle das un dedo te colla o brazo
A disciplina é necesaria, pero para que non dane a autoestima, sempre razonada e advertida.