Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Sesión 11: Entrenamento en habilidades sociais con Mila.

MÉRCORES, 2 DE ABRIL DE 2008.

Orde do día:

  • Presentación da ponente ao grupo.
  • Sesión teórico-práctica de entrenamento en habilidades sociais.
  • Conclusións.

Presentación do coordinador da ponente aos membros do grupo. Educadora social do grupo Xeneme que traballa no ámbito de formación en valores, educación de xénero, intelixencia emocional, educación intercultural con docentes; así como no ámbito laboral.

Sesión teórica-práctica de entrenamento de habilidades sociais. Partindo dunha aproximación a clasificación das habilidades sociais de Cabalo; Mila entrénanos en habilidades sociais combinando a explicación de habilidades coa súa posta en práctica.

Habilidades practicadas: saúdar, presentarse, escoitar activamente, seguir instruccións, ser asertivo, dende una perspectiva de aula, escola e relacións sociais en xeral.

 

1 comentario

Xaime -

Colocar en varias zonas do colexio (pasillo, escaleiras, entrada aulas...) algúns carteis significativos.
Traballar nas aulas, ó menos, unha vez a semana noticias dos xornais que teñan relación coa convivencia en xeral.
Darlle máis importancia as conmemoracións académicas relacionadas coa convivencia: día da paz, día da muller, día dos dereitos humáns...
Traballar con máis intensidade algunhas habilidades sociais. Para concretar (en educación infantil), decidimos darlle moita máis importancia a aspectos como:
a)Ensinar a saludar os nenos/as cando chegan as aulas.
b)Promover a despedida ó marcharse do colexio para as súas casas.
c) Traballar na aula de forma lúdica distintos tipos de saúdos.
d) Tratar de promover dende os primeiros anos o 'saber escoitar'.

Cremos que conseguir estes obxectivos serían un bo colofón ao traballo que realizamos.