Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Sesión 10: A intelixencia emocional como mostra da competencia social.

MÉRCORES, 26 DE MARZO DE 2008.

Observación: A sesión coas ponentes de habilidades sociais virán o próximo mércores, pese a que estaba previsto que viñeran hoxe.

ORDE DO DÍA:

  • Tratamento do núcleo de contidos sobre A intelixencia emocional e pequeno debate.
  • Enfoque escolar da intelixencia emocional.
  • Enfoque xeral: a intelixencia emocional como algo aprendido e que supón a posta en práctica de habilidades sociais.

 

 

 

 

4 comentarios

Xaime -

Respecto o traballo do mércores sobre Habilidades Sociais en infantil imos traballar ccon mais interese os h,abitos de sa,udo, respetar a vez a hora de falar porque e interesante para ir conseguindo unha boa convivencia empezando a traballar .esos habitos cos mais pequenos.
.

Coordinador. -

TEMAS TRATADOS: A intelixencia emocional: intelixencia intrapersonal e interpersonal. Clarificación de conceptos: asertividade, empatía, habilidades de comunicación, técnicas. Resposta a casos prácticos. Utilizando o modelo de consulta o orientador asesora aos compañeiros.

ACORDOS E COMPROMISOS: Observar a conducta do alumnado de infantil para atopar antecedentes e levar a cabo os antecedentes. Tentar falar coa nai dun neno de 1º curso mediante asesoramento familiar do orientador como fixo en outros casos. Poñer en práctica dinámicas de grupos, segundo os ciclos. Reflexionar sobre boas prácticas de traballo colaborativo que funcionan no centro.

PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA XUNTANZA: Será competencia das poñentes externas, formarnos en habilidades sociais partindo de que temos certa base teórica para comprender o que nos van a explicar.

Coordinador -

Nesta web explican de xeito bastante aceptable o que é a intelixencia emocional: www.inteligencia-emocional.org

Coordinador. -

O que me comentabades algunha persoa de que non tedes moita intelixencia emocional e eu que vos coñezo sei que tedes máis que suficiente. Si claro que uns máis que outros e o que vos dicía xa a semana pasada. Que as habilidades sociais non sempre funcionan e que varían en cada momento histórico e en cada civilización.