Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Sesión 7: Reflexionando sobre a resolución de conflitos.

XOVES, 28 DE FEBREIRO DE 2008

A sesión durou tres horas, polo que a do próximo día durará 3 horas tamén.

ORDE DO DÍA:

  • Presentación do ponente Sr. Vaello por parte da aseora.
  • Exposición e debate sobre tipo de profesor (valle ou pico),  fixación de límites, unificación de criterios, sistema de diques, colaboración familia escola, etc.
  • Plantexamento de supostos prácticos e posibles vías de solución.

3 comentarios

Coordinador -

O que ti planteas Xaime da convivencia é moi bonito, pero é difícil canto máis numeroso e o claustro do centro.

Coordinador -

RESUMO DA CHARLA:
RESUMO DA CHARLA DO SR. VAELLO.

Compañeiros/as, ofrézovos un resumo dos temas tratados na charla o Sr. Vaello. Fixen algún cambio na orde.

A temática é o núcleo 5 de resolución de conflitos.
ÁREAS DE XESTIÓN:
Límites, advertencias, compromisos, autocontrol, roles, asertividad, motivación, expectativas, atención, diversidad, actividad, autoestima, atribución.
MODELOS DOCENTES SEGUNDO A FORMA DE EXERCER O PODER:
Profesor picos de poder. Tradicional: o que busca e que os nenos non fagan, polo que a disciplina se basea en inhibir conductas Democrático: o que busca e que os nenos sepan que facer e como : ensinarlles a actuar mediante medidas sociais.
Profesor valle. Non exerce o poder porque non quere ou non sabe. A súa páctica docente é de risco porque desemboca en indisciplina.
SISTEMA DE DIQUES.
Familia Institucións xudiciais. Orientación
Institucións sociais.
Dirección.
Titor
Profesor.

PREVENCIÓN Y RESOLUCIÓN DE CONFLITOS DENDE OS DOCENTES.
1º Establecer límites.
2º Unificar criterios. Aceptalos aínda que algúns non queiran. Así non estaremos sós e a batalla será de todo o claustro. Acotar a temático sobre que conductas hai que cambiar facen un ranking dos comportamentos que máis molestan ao profesorado. Faise con un ranking de comportamentos que maís nos molestan do alumnado. Ao erradicar a conducta diana nº 1 (a que máis molesta aos docentes), elimínase un 20% do malestar. Se erradicamos 4 conductas, redúcese moito o malestar xeral (sobre 20%). Molesta máis as conductas problemáticas repetitivas (disrupcións) que os indicentes máis graves que aínda que producen enorme malestar o fan en pouco tempo.
3º Ser un profesor picos de poder. Que o profesor sepa quen manda, pero non son necesarias as ameazas, nin intimidacións. Un tipo democrático.
4º Detectar alumnos/as de risco porque hai indicios que sinalan quen pode ser protagonista de incidentes violentos ou acoso dende o preacoso.
5º Estratexias de intervención co alumnado.
a) Reforzar o comportamento positivo dos nenos máis pequenos con soles e nubes.
b) Reforzar o comportamento positivo dos nenos maiores con recoñecemento social. Facer sentir que o neno vale para algúen e non só para algo.
c) Exercicios de desafío da vontade e autocontrol.
d) Hai que entender a diversidade como reparto equitativo, porque somos diferentes e hai que darlle a cada un o que necesita, non o mesmo a todos.
e) Pedirlle a cada un que dé o máximo que pode dar e non máis (escola inclusiva ou para todos) e non exclusiva-selectiva que bota do sistema escolar a quen non da os mínimos.
f) Poñer límites e corrixir os incumplimentos. Vías para cambiar a conducta: a palabra (advertencias, apercibimento verbal), feitos (demostre que non o fai, non que non o vai volver facer, facer cumplir a sanción), emocións (demostrar firmeza e xerarquía) e aprendizaxe observacional (os nenos aprenden que o que incumple terá consecuencias negativas). O alumno ten que estar nun sistema pechado de diques.
g) Implicar á familia a partires da persoa da familia que máis poder ten sobre o neno que non sempre é quen ven falar con nós. Plantexar retos na escola que fagan que o propio neno implique a familia.
EFICACIA.
E= P3
Eficacia = Poder del profesor x Principios x Permeabilidad del alumno
Si uno de los factores es cero el resultado es cero.

Xaime -

Reflexionando sobre a charla de onte, no grupo de convivencia, considero moi importante para ter unha boa convivencia, chegar a unha verdadeira comunidade, froito, como a palabra indica ("común" "unidade"), dunha verdadeira amizade entre educadores, pais e alumnos, pois a comunidade é o froito dunha enerxia unitiva como a palabra convivencia (Con+vivir)o indica