Blogia
Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Sesión 8: Mediación de conflitos e habilidades sociais.

MÉRCORES, 5 DE MARZO DE 2008 (sesión de 3 horas).

Como o xoves 29/02/08 adicamos 3 horas, este mércores 05/03/08 vamos adicar outras tres, polo que o grupo de traballo finalizará o 22 de abril: unha semana antes do previsto.

Xa tratamos os seguintes núcleos de contidos:

Núcleo 1: A convivencia, a educación para a cidadanía e temas transversais.

Núcleo 2: As relacións humanas nas sociedades democráticas e plurais no ámbito escolar.

Núcleo 5: A autoestima baseada no autoconcepto positvo e realista.

Núcleo 7: Técnicas e métodos de mediación e resolución pacífica de conflitos.

ORDE DO DÍA:

  • Rematar de tratar o núcleo 7 (durante 1 hora).
  • Facer un ranking de conductas problema e busca de solucións aos casos.
  • Comezar con núcleo 3 (2 horas).
  • Exposición do power point sobre o núcleo 3. As habilidades sociais na sociedade actual. Debate.

 

1 comentario

Coordinador -

Gustaríame aclarar que as habilidades sociais non son variñas máxicas, xa que moitas veces fallan. O caso e que ao utilizalas, favorecemos que a comunicación entre as dúas persoas sexa máis positiva e se as dúas persoas son asertivas de maravilla, o malo e cando unha é agresiva. E cando un é pasivo, o único perxudicado é el mesmo.