Blogia

Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

Úlitma sesión: Como ser un docente emocionalmente competente.

’O estilo docente democrático’

Tratariase de elaborar un modelo sobre cómo ten que ser un profesor emocionalmente competente:

  • respeto polos alumnos
  • comprensión empática das súas circunstancias
  • trato adecuado: firme e afectuoso
  • respeto polos erros
  • metodoloxía motivadora
  • normas claras e positivas
  • educar na vontade, no esforzo, na asertividade, nas habilidades sociais de relación e de comunicación, no coñecemento das propias emocións e características de personalidade, etc.

Sesión 12: A intelixencia emocional: un enfoque de aula.

MARTES, 8 DE ABRIL DE 2008

Orde do día:

  • Explicación do power point sobre a intelixencia emocional.
  • Debate sobre a intelixencia emocional como interpersoal e intrapersoal.
  • Estratexias para mellorar a intelixencia emocional do alumnado.
  • Selección e elaboración de material sobre o programa de dereitos humanos e habilidades sociais.

 

Sesión 11: Entrenamento en habilidades sociais con Mila.

MÉRCORES, 2 DE ABRIL DE 2008.

Orde do día:

  • Presentación da ponente ao grupo.
  • Sesión teórico-práctica de entrenamento en habilidades sociais.
  • Conclusións.

Presentación do coordinador da ponente aos membros do grupo. Educadora social do grupo Xeneme que traballa no ámbito de formación en valores, educación de xénero, intelixencia emocional, educación intercultural con docentes; así como no ámbito laboral.

Sesión teórica-práctica de entrenamento de habilidades sociais. Partindo dunha aproximación a clasificación das habilidades sociais de Cabalo; Mila entrénanos en habilidades sociais combinando a explicación de habilidades coa súa posta en práctica.

Habilidades practicadas: saúdar, presentarse, escoitar activamente, seguir instruccións, ser asertivo, dende una perspectiva de aula, escola e relacións sociais en xeral.

 

Sesión 10: A intelixencia emocional como mostra da competencia social.

MÉRCORES, 26 DE MARZO DE 2008.

Observación: A sesión coas ponentes de habilidades sociais virán o próximo mércores, pese a que estaba previsto que viñeran hoxe.

ORDE DO DÍA:

  • Tratamento do núcleo de contidos sobre A intelixencia emocional e pequeno debate.
  • Enfoque escolar da intelixencia emocional.
  • Enfoque xeral: a intelixencia emocional como algo aprendido e que supón a posta en práctica de habilidades sociais.

 

 

 

 

Sesión 9: As habilidades sociais.

MÉRCORES, 12 DE MARZO DE 2008.

ORDE DO DÍA:

  • Dar soporte teórico á sesión práctica da volta de vacaciones.
  • Facer role-playing cos profesores sobre empatía, estilo de comunicación asertivo e forma de ser democrática e positiva.
  • Dinámicas de grupo para facer en primaria nos diversos ciclos.
  • Comentar casos de nenos e nenas do colexio aos que lle costa relacionarse ou convivir.

Sesión 8: Mediación de conflitos e habilidades sociais.

MÉRCORES, 5 DE MARZO DE 2008 (sesión de 3 horas).

Como o xoves 29/02/08 adicamos 3 horas, este mércores 05/03/08 vamos adicar outras tres, polo que o grupo de traballo finalizará o 22 de abril: unha semana antes do previsto.

Xa tratamos os seguintes núcleos de contidos:

Núcleo 1: A convivencia, a educación para a cidadanía e temas transversais.

Núcleo 2: As relacións humanas nas sociedades democráticas e plurais no ámbito escolar.

Núcleo 5: A autoestima baseada no autoconcepto positvo e realista.

Núcleo 7: Técnicas e métodos de mediación e resolución pacífica de conflitos.

ORDE DO DÍA:

  • Rematar de tratar o núcleo 7 (durante 1 hora).
  • Facer un ranking de conductas problema e busca de solucións aos casos.
  • Comezar con núcleo 3 (2 horas).
  • Exposición do power point sobre o núcleo 3. As habilidades sociais na sociedade actual. Debate.

 

Sesión 7: Reflexionando sobre a resolución de conflitos.

XOVES, 28 DE FEBREIRO DE 2008

A sesión durou tres horas, polo que a do próximo día durará 3 horas tamén.

ORDE DO DÍA:

  • Presentación do ponente Sr. Vaello por parte da aseora.
  • Exposición e debate sobre tipo de profesor (valle ou pico),  fixación de límites, unificación de criterios, sistema de diques, colaboración familia escola, etc.
  • Plantexamento de supostos prácticos e posibles vías de solución.

Sesión 6: Reflexionando sobre a autoestima.

MARTES, 19 DE FEBREIRO DE 2008

Nesta sesión, como nos centramos no Power Point na anterior, falaremos do vídeo

ORDE DO DÍA:

  • Visionado do http://video.google.com/videoplay?docid=-3027108692232550130
  • Debate referido ao vídeo.
  • Lectura de Becoña, E et al. (2005): Como mellorar o meu comportamento. A Coruña, Nova Galicia Edicións.
  • Lectura de Becoña, E et al (2007): Non estou só. Vigo, Nova Galicia Edicións.
  • Posta en común.
  • Pautas educativas para mellorar a autoestima do alumnado dende a modificación da conducta e a socialización. 

 

 

Sesión 5: Pasamos a desenvolver o núcleo de contidos 5.

 MARTES, 12 DE FEBREIRO DE 2007

Os próximos martes 12 e 19 de febreiro imos desenvolver o núcleo de contidos 5 (xa levamos 2: o de lexislación e o de socioloxía). Trata sobre a autoestima e o autoconcepto.

Orde do día:

  • Tratamento do núcleo de contidos 5 sobre 'A autoestima'.
  • Debate sobre o concepto de autoconcepto e autoestima positiva, negativa e realista. Efecto pigmalion.
  • Revisión de bibliografía que favoreza o desenvolvemento dunha autoestima realista positiva no alumnado de primaria.
  • Posta en práctica de medidas de convivencia e de desenvolvemento da autoestima.

Sesión 4: Retomando o núcleo de contidos 2 e o debate e busca de actividade práctica.

Sesión 4: Retomando o núcleo de contidos 2 e o debate e busca de actividade práctica.

MÉRCORES 30 DE XANEIRO DE 2008.

Orde do día:

  • Retomar o debate suscitado polo núcleo de contidos 2.
  • Ler a atención a diversidade na LOE.
  • Ler a Orde de atención a extranseiros.
  • Valorar a proxección práctica do traballado o día da paz no centro.
  • Busca en internet de proposta de traballo do día da paz.

A orde do día foi modificada en función da intervención da asesora tratándose os seguintes puntos:

  • Debate sobre o núcleo 2.
  • Presentación da asesora ao grupo.
  • Plantexamento dun debate segundo o que se levaba debatindo dirixido pola asesora.

Sesión 3: Comezamos a tratar o núcleo 2 sobre as relacións nas sociedades plurais.

Para o Mércores 23 as actividades previstas son:

MÉRCORES, 23 DE XANEIRO DE 2008:

Orde do día:

  • Exposición e debate sobre parte do núcleo de contidos 2: As relacións humanas nas sociedades democráticas pluras. As relacións simétricas e asimétricas.
  • Debate sobre factores da socialización de cara o alumnado e responsabilidade do profesor/a.
  • Lectura da LOE do referente o Alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo e da Orde LOCE que a 'desenvolve' por estar aínda en vigor mentras non saia a dependente da LOE.
  • Consulta dos recursos didácticos que a xunta ofrece de cara a elaborar ou empregar materiais didácticos en 'Atención á diversidade' en www.edu.xunta.es

Sesión 2: Tratamento do núcleo de contidos 1.

Segunda sesión que se realiza o martes 15 de xaneiro de 2008. 

MARTES 15 DE XANEIRO DE 2008.

Orde do día:

  • Propoñer seis libros para adquirir sobre a convivencia escolar.
  • Acabar de explicar o Núcleo de contidos 1: A convivencia. A educación para a cidadanía e a paz. A educación para a tolerancia e a paz.
  • Debate sobre o núcleo de contidos 1.
  • Proposta de actividades a realizar o día de conmemoración da paz como centro de interés que globalice todas as áreas.
  • Traballo individual e en pequeno grupo sobre propostas concretas, valorando as propostas didácticas da páxina www.edu.xunta.es/valora 

 

Sesión 1: Presentación do programa e establecemento das liñas de acción.

Na primeira sesión que se realizará este Mércores 9 os puntos previstos a tratar son os seguintes:

MÉRCORES, 9 DE XANEIRO DE 2008.

Orde do día:

  • Información sobre os grupos de traballo en xeral.
  • Explicación do plan do grupo de traballo: Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.
  • Plantear investigación bibliográfica sobre os núcleos de contidos.
  • Falar de organizar unidades didácticas que fagan relación a educación para a tolerancia e a paz coma a conmemoración do Día internacional da Paz este 30 de Xaneiro.
  • Buscar contidos na páxina do plan valora en http://www.edu.xunta.es/valora/ e comezar a tratar o núcleo de contidos 1: A convivencia, a educación para a cidadanía e a paz, os temas transversais: educación para a tolerancia e a paz.

O grupo de traballo: Estratexias de intervención na convivencia escolar para mellorar a calidade educativa.

A pretensión deste grupo de traballo e mellorar a práctica docente dende as estratexias psicopedagóxicas que inciden positivamente na convivencia escolar. Por unha banda, están as estratexias de tipo psicolóxico relacionadas coas habilidades sociais, a comunicación asertiva, as técnicas de resolución de conflictos, etc.; e pola outra as de tipo pedagóxico como a educación en valores de carácter deontolóxico referidos á paz e a convivencia democrática, a atención a diversidade, o estilo docente positivo, etc.

E con tal motivo, xorde este blog coa pretensión de dar soporte dixital a este grupo de traballo.